martes, 20 de diciembre de 2011

Feria Ecolóxica en Arzúa 2011


MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO
O mercado ten carácter semanal. Desenvólvese todos os martes de 18 a 21 h. (outono/inverno) e de 19 a 22 h (primavera/verán) nas terrazas do parque de Belvís en Santiago de Compostela.
Mercado entre lusco e fusco: polo consumo responsábel. O mercado consiste na organización dun mercado de serán de produtos locais, ecolóxicos e de comercio xusto en Santiago de Compostela.
A idea naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que non poden acudir aos mercados locais composteláns nos seus horarios de negocio. O que se pretende é ofrecer un espazo onde poder mercar alimentos básicos, como produtos de horta, legumes e froitas, que sexan locais e de calidade a aquelas persoas que por diversas causas se vexan abocados aos supermercados ou ás grandes superficies.
En representación do mercado contaremos cos productores “Alimentación Sana”, “A hortinha da ponte” e “Xabóns naturais”.

Páxina oficial da Feira preme aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas pola túa participación!